 |
| Xoves, 22 de abril. 12:15 h. |
Inauguración do ciclo
Dª. Mª del Carmen Cabeza Pereiro.
Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes
Coordinadores do Ciclo.
D. José Cidrás Pidre
Catedrático de Enxeñería Eléctrica da Universidade de Vigo
D. Xavier Labandeira Villot
Catedrático de Economía aplicada da Universidade de Vigo
|
| Xoves, 22 de abril. 12.30h. |
Las políticas europeas de cambio climático
tras los acuerdos de Copenhague
Dª Paulina Beato.
Consejera de Repsol YPF.
Presenta: D. Xavier Labandeira.
Universidade de Vigo |
| Venres, 23 de abril. 12.30h. |
Por un nuevo clima para la política energética
Dª. Ana Palacio.
Ex Ministra de Asuntos Exteriores, ex Vicepresidenta Primera, Consejera General y jefa del Servicio Jurídico del Banco Mundial.
Presenta: D. Alberto Gago Rodríguez.
Reitor da Universidade de Vigo. |
| Mércores, 28 de abril. 12.30h. |
Cambio climático y energía: el papel de las renovables
D. Juan López de Uralde.
Director de Greenpeace España.
Presenta: Juan Francisco Díaz Arnau
Subdirector Xeral de Caixanova. |
| Xoves, 29 de abril. 12:30h. |
El futuro de los combustibles fósiles:
retos e incertidumbres
D. Mariano Marzo.
Catedrático de Geología, Universitat de Barcelona.
Presenta: D. José Cidrás
Universidade de Vigo |
| Martes, 30 de abril. 12:30h. |
Sostenibilidad y cambio climático.
Escenarios con futuro
D. Domingo Jiménez Beltrán.
Ex Director da Axencia Ambiental Europea.
Presenta: D. Alberto Gago Rodríguez.
Reitor da Universidade de Vigo. |
|
 |
 |
ENERXÍA, MEDIO AMBIENTE E SOCIEDADE
A enerxía sempre estivo presente na natureza, sempre foi, en menor ou maior medida e en diversas formas, utilizada pola humanidade. Tal é a súa importancia que, posiblemente, sexa o indicador máis axustado á realidade do progreso da humanidade. Así, a enerxía do vento, do lume e da auga, con sistemas de baixo rendemento, marcou a actividade humana ao longo de miles de anos. Pero é a partir do século XIX, grazas ao estudo das leis físicas que rexen os principios da transformación das enerxías da natureza, cando a súa utilización se incorpora masivamente ao desenvolvemento técnico-económico da sociedade. Neste sentido, case se pode afirmar que cada novo avance tecnolóxico, económico e social da humanidade vén precedido pola incorporación dunha nova fonte ou dunha transformación enerxética (a máquina de vapor e o desenvolvemento da industria, o sector do petróleo e o transporte, o sector eléctrico e os servizos, a calidade de vida etc.). A implicación da enerxía, nas diversas formas de utilización —iluminación, tracción, calor— na sociedade é de tal xeito xeral e imprescindible que é difícil imaxinar unha activade empresarial, cultural e social en que non estea presente ningunha forma de enerxía.
Porén, este optimismo técnico-industrial que parecía albiscar un progreso e desenvolvemento ilimitados veuse cuestionado desde a segunda metade do século XX. Aos entón xa relativamente coñecidos problemas de escaseza de moitos recursos enerxéticos uníronse as dependencias e vulnerabilidades xeoestratéxicas e, por suposto, todos os problemas asociados á contaminación ambiental e ao cambio climático, a outra cara da moeda enerxética. Por iso, moitos pensadores cren que o século XXI está a ser e será o século da enerxía (máis fundamental que nunca no devir das nosas sociedades) e do medio ambiente, un tempo en que se están a redefinir conceptos como consumo e desenvolvemento ilimitados e en que case todas as disciplinas académicas terán moito que dicir. É por iso que Universium dedícase este ano a estas cuestións, cun elenco interdisciplinar de participantes que proveñen da empresa, da Administración pública, das universidades e de organizacións non gobernamentais.
«Definitivamente desencadeado, Prometeo, a quen a ciencia proporciona forzas nunca antes coñecidas e a economía un infatigable pulo, está pedindo unha ética que evite mediante freos voluntarios que o seu poder leve os homes ao desastre.»
Prólogo da obra El principio de responsabilidad: ensayo de una ética para la civilazación tecnológica (Hans Jonas, en español, 1995)
|